GL |
ES


MEDIASAN 2016: O CAMIÑO DE SANTIAGO AGARDA...

A MediaSan do Camiño é unha proba atlética que transcorre pola derradeira etapa do Camiño de Santiago, o camiño francés a Compostela, a mesma ruta seguida polos peregrinos de todas as épocas ata a cidade. Declarado en 1993 pola UNESCO patrimonio da humanidade, esta etapa do camiño francés une os Concellos de O Pino e Santiago de Compostela nunha simbiose cultural que enriquece a quen desfruta desta experiencia.

Cunha exitosa segunda edición celebrada en 2015, MediaSan do Camiño regresa en 2016 cun percorrido onde a beleza paisaxística representa a nota predominante. A esixente orografía e o feito de poder compartir cos que desde tan lonxe veñen peregrinando a Compostela, fai deste evento unha experiencia única e inigualable desde o punto de vista deportivo e turístico.

Na edición de 2015 a proba rematou na praza do Obradoiro, a fin de todos os camiños a Compostela. Nesta edición repetiremos a mesma experiencia dos milleiros de peregrinos que se achegan a Compostela cada ano.

SERVIZOS
ALOXAMENTOS
ORGANIZADORES
PATROCINADORES
Por favor actualice la versión de su navegador Internet Explorer para la correcta visualización de la página.
MediaSan
Website desenvolvida por evelb
Aviso legal